Unha unidade móbil de ITV desprazarase a Ribadumia para facilitar as inspeccións técnicas de vehículos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia pretende informar ós seus veciños que dentro da campaña que se está levando a cabo na provincia de Pontevedra, unha unidade móbil de ITV desprazarase ata o noso Concello para facilitar as inspección técnica de vehículos.

Por un lado, os vehículos de dúas rodas –ciclomotores e motocicletas- poderán achegarse ata diante do Auditorio de Ribadumia o día 18 de xuño para facer a súa inspección técnica. A unidade móbil da ITV achegarase este xoves 18 en horario de 9 a 13:30 e de 15:15 a 18 horas e teléfono para pedir cita previa é o seguinte: 902309000.

Por outro lado, os vehículos agrícolas poderán facer a súa revisión diante da Casa de Cultura de Ribadumia entre o 26 de xuño e o 1 de xullo en horario de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas  (agás o 1 de xullo que será solo pola mañá). O teléfono de cita previa é o mesmo para as dúas revisións.

As persoas interesadas deberán presentarse cos seus vehículos no lugar citado levando a tarxeta de inspección e permiso de circulación dos mesmos.

16 de xuño de 2015 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.