publicidade hoxe

Unha prata e dous bronces galegos para pechar o Europeo de Técnica e Freestyle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Deportistas galegos participantes

Deportistas galegos participantes

Espectaculares os resultados acadados polos deportistas da Federación Galega de Taekwondo no Europeo de Técnica e Freestyle, que se celebrou nestes días en Belgrado. Onte rematou o torneo con tres medallas máis para Galicia: Unha prata e dous bronces. En total as e os deportistas galegos sumaron un total de sete medallas (un ouro, tres pratas e tres bronces).

Na última xornada do Campionato, celebrada o domingo, a prata foi para o quinteto de freestyle, formado por Nerea Alamancos, Samuel Meilán, Ingrid Gómez, Alejandro Losada e Manuel Rodríguez (Tao). O equipo galego fixo un magnífico programa que lle outorgou a medalla de prata.

Pola súa banda, Beatriz Queiró (Tao) logrou a medalla de bronce en Máster 2 de técnica, mentres que Encarna Quintela (Hebe) acadou o bronce en Máster 4.

A participación galega do domingo completouse co trío cadete masculino (formado por Manu Paz, Álvaro Portela e Daniel Redondo, do Hebe) que quedou eliminado por Italia, que ao final acadou o título de campioa de Europa.

Resumen do Europeo. No primeiro día de competición a selección galega sumou un ouro e dúas pratas. Ingrid Gómez (Tao) acadou o ouro en freestyle + de 18 anos, nunha durísima final contra a representante turca. Viguesa e turca remataron empatadas a puntos, pero recibiu o título de campioa de Europa a galega, xa que a dificultade do seu exercicio era maior, e iso tense en conta en caso de empate. Espectacular traballo de Ingrid que superou a unha medallista mundial.

Pola súa banda, Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) acadou a medalla de prata en cadete, por detrás do gran favorito, que era o representante turco.

E máis preseas galegas. A parella formada por Anxo Costa e Andrea Vilas (Tao) logrou a prata en freestyle menos de 17 anos, cun gran exercicio. So foron superados por Dinamarca.

Na segunda xornada, Samuel Meilán (Tao) acadou a medalla de bronce en sénior 2. O vigués superou a Italia, pero perdeu contra Francia no pase á gran final. O ouro foi para Turquía, mentres que Francia conseguiu a medalla de prata. O sábado tamén competiron Bea Felpeto e Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) en parella cadete. Lograron clasificarse para a final, pero caeron en cuartos contra a República Checa.

29 de xuño de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.