publicidade hoxe

Un veciño de Muxía foi detido por asaltar con arma branca unha gasolineira en Cabana de Bergantiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de BergantiñosMuxíaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do municipio coruñés de Muxía polo asalto con arma branca unha gasolineira na localidade de Cabana de Bergantiños (A Coruña). Segundo informou o Instituto Armado, axentes da área de Investigación de Carballo detiveron o xoves a un veciño de Muxía de 41 anos como presunto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación.

Os feitos ocorreron o pasado día 15 nunha gasolineira de Nantón, en Cabana de Bergantiños, cando o individuo agora detido, xunto con outro, ameazou á dependenta da estación de servizo cunha arma branca e subtraeulle 650 euros en efectivo, tras o que se deron á fuga nunha motocicleta que conducía o seu acompañante.

Os axentes continúan coa investigación para tratar de localizar ao acompañante e non se descarta a súa detención nas próximas horas, segundo resaltou a Benemérita. Os feitos foron postos en coñecemento do xulgado de Instrución de garda de Carballo.

19 de xuño de 2015 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.