Un total de 77 persoas aspiran a formar as cuadrillas municipais de limpeza de praias e entornos medioambientais na Laracha
O Concello da Laracha contratará de xeito temporal (tres meses) a quince persoas que formarán as cuadrillas de limpeza, conservación e mantemento de praias e entornos medioambientais de cara á próxima época estival.
Unha vez rematado o período de presentación de solicitudes para participar no procedemento de selección, son setenta e sete as persoas que integran a lista de admitidos para realizar as probas previstas nas bases do procedemento. Outras trece persoas que están excluídas teñen un prazo de dez días para emendar as deficiencias na documentación presentada. Ambos listados de admitidos e excluídos poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello da Laracha e tamén no portal cidadán municipal (www.alaracha.es).
Nos próximos días anunciaranse as datas nas que os aspirantes deberán realizar a proba práctica e a entrevista curricular.
Por outra banda, a semana que vén serán publicados os listados de persoas admitidas e excluídas no procedemento de selección dos tres operarios que comporán o equipo de obras e servizos municipais.
A contratación destas 18 persoas para a prestación de servizos esenciais durante a época estival realizarase coa colaboración económica da Deputación Provincial da Coruña











