publicidade hoxe

Un total de 10.400 euros para o Alondras CF, o Bueu Atlético Balonmán e a Agrupación Deportiva FS Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMorañaPoioPontevedraPontevedraSanxenxo
A-
A+

A deputada Begoña Estévez recibiu esta mañá os responsables de varias entidades deportivas da provincia para entregarlles a acta presidencial pola que se lles concede, a cada unha delas, unha axuda económica, cun importe que ascende a máis de 28.000 euros.

Na procura de promover o desenvolvemento da práctica deportiva na provincia mediante o patrocinio e colaboración na posta en marcha de diversas actividades, a Deputación concedeulle unha axuda de 5.000 euros ó Alondras CF para adquirir material deportivo para o seu equipo xuvenil que compite na división de honra.

Así mesmo, co obxectivo de favorecer a participación dos clubs e equipos da provincia en ligas e competicións oficiais, Begoña Estévez tamén lles entregou ós responsables do Bueu Atlético Balonmán e da Agrupación Deportiva FS Bueu as resolucións presidenciais polas que se lles concede unha axuda de 2.400 euros e 3.000 euros, respectivamente, para consolidarse no ámbito da súa disciplina deportiva

Na sala de xuntas da Deputación Begoña Estévez tamén lles fixo entrega ós responsables do Club Piragüismo Portonovo, da Asociación Club Náutico Raxó, da Escola de Ximnasia Vagalume e do Atletismo +9 Moraña as resolucións presidenciais polas que se lles concede unha axuda económica para promover e apoiar a actividade deportiva na provincia.

25 de xuño de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.