Un grupo do IES A Xunqueira I realizará o venres o roteiro Sarmiento
Mañá, venres 19 de xuño fará o roteiro Sarmiento un grupo de 55 alumnos/as de 3º curso de ESO do IES A Xunqueira 1, que sairán ás 12.10 horas, da praza de Méndez Núñez. Ao remate, os asistentes serán agasallados con cadanseu libro sobre o a actividade. O Concello de Pontevedra segue a ofrecer as visitas guiadas pola Pontevedra vencellada a Sarmiento, co obxecto de recuperar e difundir a memoria histórica da nosa cidade inserida no contorno xeral da historia de Galicia.











