Un grupo do Colexio Concepción Arenal de Ourense fan o roteiro Xoán Manuel Pintos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Mañá xoves, día 18 de xuño, fará o roteiro Pintos un grupo de 40 alumnos/as de 3º e 4º curso de ESO do Colexio Concepción Arenal (Ourense), que sairán da ponte do Burgo ás 10.45 horas. O Concello segue a ofrecer visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a diferentes persoeiros pontevedreses de relevancia para a lingua galega. O roteiro Pintos está ideado coma un paseo pola Pontevedra natal dun dos autores máis importantes para a literatura galega, pioneiro na reclamación da dignidade de Galiza e da súa lingua.

Coñecer a figura de Xoán Manuel Pintos axudará aos participantes neste roteiro a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX, época de cambios significativos para a cidade de Pontevedra. Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións.

17 de xuño de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.