Un grupo do CEIP A Carballeira realiza este venres o roteiro Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Un grupo de 25 alumnos/as de 5º e 6º curso de educación primaria do CEIP A Carballeira fará mañá venres, día 12 xuño, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra. A saída está prevista para as 10 horas desde a praza da Ferraría. A actividade inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

11 de xuño de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.