publicidade hoxe

Últimos días para visitar en Verín a exposición ‘Entre a Auga e a Pedra’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O sábado 13 de xuño finaliza a mostra ‘Entre a Auga e a Pedra’, organizada pola Agrupación Fotográfica Fotosíntese na Sala de Exposicións de Verín. Devandita exposición, que se pode visitar das 10 ás 14 e das 17 ás 20.30 horas (de luns a sábado), está conformada por 21 imaxes panorámicas en branco e negro -tamén en color- sobre o patrimonio ourensán, natural e construído.

A través desta exposición, o espectador contempla un sumatorio de tempos, luces e diferentes ángulos e polo tanto podemos dicir sen pretender ser pretensiosos que en cada fotografía temos “moitos instantes e moita historia”e se a isto lle engadimos que todas elas están xunguidas polo fío condutor que forman Ourense, a Auga e a Pedrao observador poderá tamén sentir e gozar dese permanente dialogo o que emanan as rochas e as augas da nosa provincia como un espello que nos devolve a imaxe dun tempo e dunha historia onde natureza e persoas falan con orgullo do seu.

Agardamos que os visitantes non só desfruten coa exposición senón que tamén sexan

A recente creada Agrupación FotoSintese de Ourense é un colectivo de afeccionados que teñen como obxectivo aprender, dar o coñecer todo aquelo que teña que ver co mundo da imaxe e da fotografía e ensinar as súas obras. A idea de agruparse foi o eixo vertebrador do seu nacemento pois consideramos que era o mellor xeito de intercambiar experiencias, de crear sinerxías, de facer máis doada a colaboración, o traballo e a relación con outros grupos e persoas que comparten esta afección.

Esta exposición que agora se presenta na Sala de Exposicións de Verín foi a súa primeira experiencia colectiva e presentouse por primeira vez no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense en setembro do 2014, despois dentro do Outono Fotográfico no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras para continuar na Casa da Cultura das Terras da Limia.

10 de xuño de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.