publicidade hoxe

Últimas xornadas de inscrición para a 1ª Baixada Transfronteiriza e Andaina polo río Támega no Día Mundial do Medio Ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Mañá finaliza o prazo de inscrición para participar na 1ª Baixada Transfronteiriza e Andaina polo río Támega no Día Mundial do Medio Ambiente, organizada pola AECT Eurocidade Chaves-Verín, conxuntamente co Município de Chaves e o Concello de Verín, co fin de conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente.

As inscricións nas dúas actividades son limitadas e poderán ser realizadas, de forma gratuíta, na páxina da Eurocidade,  www.eurocidadechavesverin.eu. O programa das dúas actividades é o seguinte (saídas desde Verín):

1ª Baixada Transfronteriza polo río Támega
09.20 horas. Saída de Verín en autobús desde a praza do Concello de Verín
10.00 horas. Descenso polo río Támega (punto de partida na área recreativa de Rabal – Oímbra)
14.00 horas. Chegada ao Açude de Vila Verde da Raia. Comida e convivencia.
16.30 horas. Regreso a Verín en autobús
Inclúe: kayak (2 persoas), equipamento, seguros e monitores
Distancia: 6 quilómetros | Dificultade: baixa

1ª Andaina Ambiental polo río Támega
09.20 horas. Saída de Verín en autobús desde a praza do Concello de Verín
10.30 horas. Saída do Horto Municipal de Chaves e recollida puntual de residuos ao longo das marxes do río
14.00 horas. Chegada ao Açude de Vila Verde da Raia. Comida e convivencia.
16.30 horas. Regreso a Verín en autobús
Inclúe: luvas e outros equipamentos de recollida puntual de residuos
Distancia: 7 quilómetros | Dificultade: moderada

Esta iniciativa nace no ámbito do proxecto “Valtámega – Valorización do Corredor Ambiental do río Támega”. O proxecto, que une as localidades de Chaves e Verín, pretende mellorar a xestión dos recursos hídricos do corredor do Támega, revalorizar o mesmo como fío de conexión do territorio, incorporando, sempre que sexa posible, os principais valores naturais, históricos e culturais. Ademais de desenvolver e promover a unión entre a poboación dos dous municipios  transfronteirizos coas zonas da ribeira e ecosistemas asociados ao río Támega, así como fomentar o interese por estes espazos, e responsabilidade pola súa conservación e valorización. Sen esquecer, a creación de ferramentas de sensibilización e educación ambientais, mellorando a súa accesibilidade, co fin de concienciar á cidadanía sobre a necesidade de respectar e conservar os valores ambientais; e fortalecer as relacións profesionais entre os principais actores en materia de xestión de espazos naturais e xestión deportiva.

Esta actuación está enmarcada dentro do proxecto “Valtamega” unha iniciativa de cooperación transfronteiriza aprobada no ámbito do Programa de Coooperación Transfronteriza España-Portugal, coa participación financeira da Unión Europea, polo que o municipio de Verín e o de Chaves foron beneficiados con 450.000 euros para sacar adiante o proxecto de valorización do corredor ambiental do río Támega.

Esta inxección económica permitirá levar a cabo diversas accións de xestión dos recursos hídricos do río Támega, rutas interpretativas e a implementación dun sistema xeral de espazos verdes e culturais ao longo do corredor de Támega. Sobre a base deste proxecto, durante os próximos meses procederase a iniciativas como as que se levaran a cabo este dia para o mantemento e a conservación do corredor ambiental do río e actividades de animación na natureza como o descenso en canoa polo río.

O proxecto “Valtamega” completásese coa creación e o acondicionamento de áreas de descanso en Verín, zona de Tamaguelos, o fomento da creación do Centro de Monitorización e de Interpretación Ambiental do río Támega Transfronterizo, e outras accións de sensibilización e educación ambiental entre as que se encontran campañas de limpeza da canle e marxes do río. 

3 de xuño de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.