Últimas prazas para o obradoiro tecnolóxico destinado a xóvenes de 16 a 30 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Xuventude informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para asistir ao Obradoiro Tecnolóxico “Tecnoverán” que organiza o departamento dentro do proxecto municipal Emprende VGA. Este Campemento Tecnolóxico é unha acción formativa e gratuíta destinada mellorar as competencias no aproveitamento e uso das novas tecnoloxías aplicables ao eido laboral. Os interesados dispoñen de parzo ata o 3 de xullo para inscribirse.

Esta orixinal iniciativa educativa ten como obxectivo mellorar as competencias tecnolóxicas dos mozos, de xeito que saiban utilizar todas as ferramentas, recursos e medios das TIC á súa disposición á hora de emprender iniciativas empresariais ou laborais.

O Campamento Tecnolóxico impartirase no Centro de Formación de Matosinhos na semana do 13 ao 17 de xullo. As sesións serán diaria se con horario de mañá (de 10 a 14 horas). Na actividade poderán participar 25 mozos de xeito gratuíto, previa inscrición no rexistro do Concello. O prazo de inscrición remata o 3 de xullo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Co Tecnoverán, a Concellería de Xuventude amplía a súa programación de verán cunha actividade formativa-laboral destinada á mocidade. Neste campamento, os asistentes recibirán información e formación cun enfoque totalmente práctico para aprender a montar unha empresa tecnolóxica. Tamén aprenderán a construír solucións tecnolóxicas que resolvan sos problemas das persoa, e manexarán metodoloxías áxiles que lles servirán para aplicar na súa vida e nos seus estudios.

O Tecnoverán pretende motivar o alumnado e transformar o seu xeito de pensar para abordar calquera proxecto ou iniciativa a través da tecnoloxía. Para elo basearanse no programa Anakin, unha ferramenta comunitaria para a incorporación ás novas tecnoloxías e para reducir a brecha dixital. Este programa está deseñado pola ONG Innoarousa, orientada ao desenvolvemento de proxectos de innovación na comarca.

22 de xuño de 2015 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.