Últimas prazas para asistir ao curso que se impartirá na Guarda de educación para adultos
O Concello da Guarda oferta ás últimas prazas para asistir ó curso preparatorio para as probas libres de E.S.O para adultos. O próximo luns 15 de xuño dará comezo o curso para preparar ós alumnos para o exame do 9 de setembro que outorgará o graduado en secundaria. As clases se impartirán, de luns a venres en horario de mañá, no edificio do antigo colexio Sinde, de A Guarda. O custe do curso é totalmente gratuíto. Todos aqueles interesados no curso poden obter máis información acudindo directamente ó Concello ou chamando ó teléfono 986 61 00 00.











