Tui acolle o I Open Internacional Eurocidade de Judo
As actividades deportivas da Eurocidade seguen adiante coa celebración, nestas datas, de dúas competicións nas modalidades de Judo e Kung Fu. Así, este sábado 20 de xuño, a partir das 16h, no pavillón deportivo municipal de Valença, celebrarase o I Open Internacional Eurocidade de Judo, organizado polo JudoClub Valença e a Eurocidade Valença Tui. Na proba enfrontaranse judocas de categorías xuvenís e cadetes, pertencentes a clubes de Portugal e Galicia.
E a fin de semana próxima, o 27 e 28 de xuño, terá lugar a segunda edición do Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, organizado pola Federación Galega de Kung Fu, a Eurocidade Tui-Valença e o Club Deportivo DiSom Tui. No marco deste evento realizaranse varios talleres na xornada do sábado no pavillón deportivo de Valença, así como a competición o domingo, no pavillón deportivo municipal de Tui.











