Triunfo de Galicia no Open Profesional de Taekwondo de Zamora
Galicia logrou un triunfo incontestable no Open Profesional de Taekwondo de Zamora, que se celebrou o sábado 14 de xuño. Os equipos cadete, júnior e sénior acadaron a primeira posición na clasificación xeral por equipos. En total, 37 medallas para Galicia.
Na categoría sénior, de pesos olímpicos, houbo dous ouros femininos galegos. Laura Lorenzo (Tao) logrou a medalla de ouro na categoría de -49 quilogramos, mentres que Sara García (Dobok) foi a mellor en -57 quilogramos. Os homes tamén acadaron moi bos resultados co ouro de Pablo Fernández (-80, Mat´s), a prata de José Real (+80, Natural) e o bronce de Miguel Martínez (-58, Natural). Estas cinco preseas outorgaron a Galicia a primeira posición por equipos.
Na categoría júnior, Galicia acadou un total de 16 medallas (6 ouros, 1 prata e 9 bronces) e tamén a primeira posición na clasificación por equipos. Na categoría feminina, magníficos resultados para as nosas deportistas: Sara Cortegoso (-46, Mace Sport), Gema Paz (-49, Sares), Lorena Pardo (-68, Garrapucho) e Antía Pérez (+68, Budo) acadaron a primeira posición no torneo, mentres que Uxía Ogea (-52, Mace Sport) logrou a medalla de prata. Ademais houbo catro bronces: Sara Toucedo (-42, Maniotas), Cristina Otero (-44, Mat´s), Jéssica Blanco (-55, Mace Sport), e Ainhoa Ramos (-63, Luar).
Pola súa banda, a selección masculina logrou sete medallas (2 ouros e 5 bronces). Os ouros foron para Alberto Verea (-48, Maniotas) e Anxo Fernández (+78, Arte e Movemento), mentres que Alberto Bautista (-45, Budo), Mario Brenlla (-51, Maniotas), Iván Vagner (-55, Garrapucho), Nicolás Argibay (-59, Taekanart) e Javier González (-63, Mace Sport) acadaron as medallas de bronce.
Máis éxitos na categoría cadete con 16 medallas (oito ouros, 4 pratas e 4 bronces) e a primeira praza na clasificación por equipos igual que os seus compañeiros. Na categoría feminina os ouros foron para Elena Currás (-33, Patiño), Oihana Gallego (-41, Taekanart), Antía Sánchez (-47, Suh Sport), Alba Vidal (-59, Kido Sport), Tania Castiñeira (+59, Hebe); mentres que Ana Dosil (-51, Natural Sport) foi prata e os bronces foron acadados por Nerea Piedras (-29, Taekanart) e Mónica Caamaño (-37, Maniotas). Os nenos lograron 3 ouros, 3 pratas e 2 bronces. Xián Rodríguez (-41, Taekanart); Unai Silva (-57, Mace Sport) e Sergio Iglesias (-63, Seung Sport) lograron a primeira posición nos seus respectivos pesos, mentres que Isaac Blanco (-33, Maniotas), Anxo Díaz (-37, Garrapucho) e Diego Martínez (-45, Natural Sport) conseguiron a prata. As preseas de bronce foron para Brais Guardado (-68, Sares) e Daniel Corrales (+68, Patiño).
Esta proba forma parte dun circuíto profesional que celebra a súa primeira edición no presente ano, co obxectivo facer unha velada espectáculo, baixo as normas actuais da Federación Mundial de Taekwondo. O circuíto, organizado pola UPT (Universal Professional Taekwondo) e as federacións autonómicas de Castela e León, Valencia e Galicia, estará formado por tres probas: Zamora (xuño); Valencia (outubro) e Galicia, onde terá lugar a gran final (novembro).











