Tres veciños de Pontevedra son imputados por furtos en furgóns de transporte urxente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSanxenxoSucesos
A-
A+

A Garda Civil imputou a IM.F.G., de 25 anos de idade, a N.C.F.,  de 24 e a E.G.M., de 29, todos eles veciños de Pontevedra, como supostos autores de furtos en vehículos de transportes de mercadorías urxentes na provincia de Pontevedra. As investigacións que compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo iniciaron a principios do presente ano, permitiron a localización e imputación dos supostos autores destes feitos delituosos o pasado día 17 cando vixiaban outro vehículo ao que pretendían furtar mercadoría na localidade de Sanxenxo.

O “modus operandi” consistía no seguimento dos furgóns desde a súa saída da central de mercadorías e, aproveitando un descoido do condutor mentres facía unha entrega, accedían ao interior do vehículo para subtraer efectos pendentes da repartición, principalmente móbiles de alta gama.

O último episodio ocorreu o pasado día 16 en Meaño no que lograron apoderarse dun paquete que contiña unha báscula de pesada que foi recuperada no interior do vehículo no que se atopaban cando foron imputados. 

Os imputados foron conducidos ás dependencias oficiais  da Garda Civil para a instrución das dilixencias nas que se lles imputan, polo menos, 8 furtos máis desta mesma índole, sendo entregadas no Xulgado de Instrución número TRES de Cambados onde terán que presentarse os mesmos, cando para iso sexan requiridos.

19 de xuño de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.