publicidade hoxe

Tres persoas detidas por roubar cable de cobre en obras da AVE en Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil de Allariz (Ourense) detivo a tres individuos tras ser sorprendidos despois de cortar 200 metros de cable de cobre nas obras da AVE na zona de Tosende. Segundo informaron fontes próximas á investigación, ás 20,00 horas do martes foron detidos P.G.B., de 42 anos; C.G.L., de 30 anos, e C.G.M., de 32 anos.

Os individuos foron detidos como presuntos autores dun delito de roubo con forza ao ser sorprendidos no interior dun túnel das obras da AVE en Tosende tras cortar 200 metros de cable de cobre. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 3 de Ourense.

17 de xuño de 2015 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.