Tres artistas noveis amosan o seu xeito de entender o arte na mostra “Convocatoria Extraordinaria”
“Convocatoria Extraordinaria” é o título da exposición que se abre esta tarde no vestíbulo da Casa de Cultura da Rúe Rei Daviña . Tres artistas moi novos amosan ao publico a súa fresca e persoal forma de expresar o arte actualizando as formas máis clásicas.
Pablo Patiño, Nuria Bouzas e Sabela Andrés son os tres artistas noveis que integran esta exposición colectiva. Cada un deles ten unha visión e estilo propios e singulares, e tamén algo que os une: a forma no que desenvolven os seus proxectos, baseados en liñas tan clásicas como o retrato ou o bodegón, que se traballan a través da linguaxe contemporánea propia da época na que vivimos e estructurando as súas imaxes en series.
“Convocatoria Extraordinaria” está comisariaza por Pablo Loureiro Costa. A exposición poderá visitarse do 15 de xuño ao 3 de xullo.











