Trasladadas tres persoas tras chocar dous vehículos en Carballo
Tres persoas foron evacuadas a un centro hospitalario tras resultar ferida nun accidente de tráfico entre dous coches rexistrado no municipio coruñés de Carballo. Segundo informou o 112, a colisión de dous turismos rexistrouse sobre as 19,00 horas do luns na estrada que une Carballo e A Silva, no lugar de Tarambollo.
Tras recibir a alerta, o 112 Galicia, pediu a intervención da Guardia Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil. Ademais, requiriuse a presenza dos bombeiros da localidade e de persoal de mantemento da estrada, que se encargaron da limpeza da vía.
En concreto, segundo indicaron fontes sanitarias, o 061 mobilizou unha ambulancia asistencial que levou a tres persoas feridas, dúas mulleres de 79 e 80 anos e un home de 83, ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).











