Toma as rúas a campaña de abonados do Real Club Celta

Campaña de abonados do Celta
A campaña de abonados do Real Club Celta para a tempada 2015/2016, que segue a bo ritmo nos novos despachos de billetes do estadio de Balaídos, comezou a formar parte da paisaxe urbana da cidade. Os carteis co lema ‘Crecemos Xuntos’ son visibles xa en numerosos puntos de Vigo. Ademais de nos Mupis do Concello, a campaña celeste ocupa parte da fachada do Corte Inglés en Gran Vía e nos próximos días continuará ampliando a súa presenza en distintos soportes e lugares emblemáticos da cidade.
Neste sentido, haberá máis sorpresas en próximas datas, con orixinais localizacións e soportes que sen dúbida non deixarán indiferentes aos vigueses.
A campaña de abonados inclúe descontos e vantaxes ata o día 30 de xuño, polo que o club anima a abonados e afeccionados a que tramiten o seu carné canto antes para aproveitar estas promocións e evitar acumulacións no tramo final do mes.











