TokAppSchool, un novo xeito de que os centros interactúen con pais e alumnos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+

tokapp-school

Grazas ás novas tecnoloxías, hoxe en día temos máis información que nunca preto de nós. No mundo da educación seguimos investigando como recibir novas do noso centro de ensinanza de forma eficaz e rápida.

Imaxinas un whatsapp entre o centro escolar e os pais do alumno?

TokAppSchool fai posible, conectar cos centros escolares, profesorados e os pais. Non só supón un aforro de papel, tinta e tempo dos profesores. É inmediato, se o teu fillo no vai a clase á primeira hora, ás 9, por exemplo, ás 9 e 5 minutos chega un mensaxe ao dispositivo móbil da irregularidades que poida suceder. É a antiga nota que o mestre lle daba ao teu pai levada ao 2015. Os pais, como usuarios, non fai falta que busquen a información, senón que a información vailles chegar directamente, sen necesidade de acceder a plataformas nin comeduras de cabeza.

Tok App School segue medrando como solución definitiva para os centros educativos.  Coa nosa aplicación os centros que son usuarios do noso servizo chegan a enviar máis de 20.000 mensaxes diarios.  Pouco a pouco os centros vanse acostumando á facer uso da nosa plataforma.

Para quen vai dirixida esta aplicación?

Para os centros escolares, a oportunidades de ter unha comunicación eficaz cos pais, co único detalle de que van a ter que pagar unha cota anual insignificante pola licenza en función do número de alumnos, facendo así máis fácil o traballo do profesorado, aforando tempo en mandar un SMS ou creando unha noticia nun taboleiro de anuncios no seu centro sen saber quen lerá a noticia. E para os pais, a aplicación é gratuíta, hai que ter en conta que a actitude dos pais cara á escola é máis que crucial. Ademais de ofrecer unha ampla oferta de servizos como farmacias, praias, academias, librerías, etc.

A aplicación supón un grandísimo avance en canto á comunicación entre pais e centros, tendo conta que a parte de isto TokAppSchool permite ter unha correspondencia con outros usuarios que teñan instalada no seu dispositivo móbil , como non.

Comunidades como Galicia, Valencia, Asturias, Andalucía e Barcelona xa son oficiais dos servizos de TokAppSchool, sendo esta última onde máis usuarios do serviciohay. Na EOI (Escola Oficial de Idiomas), por exemplo, conta con máis de 7.000 usuarios, na de Pontevedra e na coruñesa con máis de 5.000 alumnos.


Podemos afirmar que TokAppSchool dá cobertura a máis de 400.000 familias. A empresa atópase operando a nivel nacional , tendo previsto seguir crecendo e progresando, expandindo a iniciativa ao estranxeiro no futuro próximo.

19 de xuño de 2015 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.