publicidade hoxe

Teatro Cativo presenta no centro cultural de Sigüeiro a súa obra “Os trastes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

Os nenos e nenas do obradoiro municipal de teatro de Oroso, Teatro Cativo, presentarán este xoves 25 de xuño a súa segunda obra: “Os trastes”. Unha representación que terá lugar no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro a partir das 18:00 horas.

A obra estará dirixida pola directora de Teatro Cativo, Andrea Álvarez Pino, que volverá contar co apoio técnico do actor Alberto Rolán. O elenco de artistas está conformado polos nenos e nenas Elba Blanco, Marta Villaverde, Uxío Arias, Lucía Mira e Alba Hernández. Esta será a segunda obra que representen estes cativos, logo da exitosa representación do ano pasado: “Romeo e Julieta: famosos namorados”, unha libre adaptación do texto clásico de Shakespeare.

23 de xuño de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.