Silvia Méndez imparte unha charla sobre alimentación saudable na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A bióloga, profesora, asesora nutricional, divulgadora científica, e a alma do blog “V de Vegetal”, Silvia Méndez Alonso, imparte este venres no Centro Cultural da Guarda unha charla sobre alimentación saudable.

Nesta cita, a profesional falará da importancia de levar unha dieta san e beneficiosa para o organismo xa que, como asegura Méndez, a alimentación é un piar básico na vida de toda persoa. A charla vai dirixida a todo tipo de público, dende nenos e nenas en idade escolar, coma adolescentes e por suposto pais e nais que a diario realizan os menús das súas casas. 

Na conferencia Silvia Méndez explicará, por exemplo, a procedencia, tipos e variedade de alimentos, as diferenzas entre refinados e integrais, as mellores técnicas para preparar os pratos de cada día ou como identificar os aceites de mellor calidade. 

A cita é as 20 horas e a entrada é totalmente libre.

 

17 de xuño de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.