Sanxenxo proclámase campión galego de Optimist por equipos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSanxenxo
A-
A+

O Real Club Náutico de Sanxenxo proclamouse este domingo campión galego de Optimist por equipos tras vencer nunha disputada final ao Real Club Náutico de Vigo. O podio completouno o Club Marítimo de Canido. No Grupo Prata, o vencedor foi o Náutico de Portosín.

O Campionato Galego de Optimist por equipos disputouse este sábado e domingo en augas da Ría de Arousa coa presenza de dez clubs de toda Galicia e 50 regatistas. As excelentes condicións meteorolóxicas, con ventos moderados do nordeste e altas temperaturas, a vitoria final disputáronlla Sanxenxo e Vigo tras as dúas roldas clasificatorias do sábado e do domingo pola mañá.

Sanxenxo venceu 2-0 ao equipo vigués e redondeou un fin de semana impecable, sumando todas as súas probas por vitorias. Desta forma, tamén rompeu a hexemonía que mantiña o Náutico de Vigo, campión as últimas cinco tempadas. Así os regatistas de Sanxenxo Jacobo García, Alba Trigo, Pedro Ameneiro, Martín Wizner e Manuel Lorenzo clasifícanse para disputar o Campionato de España da modalidade en Cádiz a primeira semana de setembro. 

Á entrega de premios asistiron Ignacio Campos, presidente do Comité de Vela Lixeira da Federación Galego de Vela; Daniel Benavides, xefe do Servizo de Pontevedra (Secretaría Xeral de Deportes da Xunta); Jorge Enríquez, secretario da clase Optimist, e Patricia González, responsable de Comunicación da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. 

8 de xuño de 2015 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.