Santiago Futsal presenta a nova campaña de abonados “Futsal da Terra”

Presentación da campaña Futsal da Terra
Aproxímase unha nova temporada chea de ilusión no Santiago Futsal, cun proxecto ilusionante que non deixará indiferente a ninguén. Así se víu esta mañá na presentación da campaña de abonados do Santiago Futsal na Praza de Abastos, o mellor escenario posible para a presentación de “Futsal da Terra”, a novedosa campaña do equipo de Santiago.
O presidente do Santiago Futsal, Ramón García, a concelleira de deportes de Santiago de Compostela Noa Morales e o xogador Diego Quintela, asistiron á presentación na que a nota de humor púxoa o pívot de Arzúa, que posou ante os medios cunha fouce, elemento representativo da campaña de abonados 15.16.
En primeiro lugar, Ramón García quixo agredecer ao Mercado de Abastos de Santiago de Compostela a súa acollida para a presentación da campaña de abonados “Cando fixemos a nosa campaña Futsal da Terra ao momento se nos víu a cabeza este fantástico Mercado de Abastos, un dos centros neurálxicos da cidade, un dos sitios por onde máis persoaos pasan ao longo do ano. Consideramos que era un escenario perfecto para simbolizar o que queremos trasladar con esta campaña. Ademáis, o Mercado aparecerá na parte traseira dos nosos carnets e servirá de punto de información para facerse abonado.”
Ramón García referíuse a esta nova campaña coma “un proxecto no que se contempla que o 75% dos xogadores sexan galegos, namentres o 100% dos adestradores da base son de Santiago e formados na nosa escola. Coa imaxe de Diego Quintela co sacho traballando na terra queremos simbolizar que o principal valor do noso club é o traballo e a humildade. O Santiago Futsal está formado por un grupo de xogadore s e traballadores que sufren moito para acadar os obxectivo deportivos e económicos que nos propoñemos.”
O presidente tamén descubríu outras das novidades do club a próxima temporada, que será a camiseta de cor celeste da primeira equipación “Este ano mudamos a cor que tiñamos e vestiremos a cor celeste, unha cor que nos gusta moito e coa que xa xogamos a Supercopa de A Coruña.”
En canto á campaña de abonados, Ramón García destacou que “esta é unha campaña ilusionante. Un proxecto galego que loite por estar entre os mellores. Pero eso non ten sentido sin xente nas bancadas, por iso a xunta directivo decidiu baixar os prexos dos abonados entre un 10’% e un 50%. Non queremos que ninguén quede sen poder ver o Santiago Futsal polo prezo do abono.”
Pola súa parte, a concelleira de deportes de Santiago de Compostela, Noa Morales agradeceu o labor do clube “como promotor do fútbol sala na cidade e como referente local e galego, animando á cidade Compostela a participar e abonarse este ano ao Santiago Futsal”.
O acto tamén servíu para facer pública a cesión por una temporada de Diego Quintela, que xa é novo xogador do FC Barcelona. De este xeito, o pívot de Arzúa seguirá no Santiago Futsal a próxima campaña.
O interese do club por levar o fútbol sala a todos os rincóns da cidade e que aqueles apaixonados de este deporte poidan vibrar e sentir a emoción do “Futsal da Terra” co Santiago Futsal, fixo que o club rebaixara os precios dos abonos para a próxima temporada entre un 10% e un 50%. Deste xeito, os precios para o abono de adulto son de 70€, universitario menor de 25 anos 45€, federado ou ADV 45€, parado de máis de 6 meses 25€, xubilado de máis de 65 anos 25€, xuvenil (13-18 anos) 20€, infantil (menores de 13 anos) 10€ e o Futsal pack, que inclúe 5 carnets de socio, 200€.
Dende o vindeiro luns día 22 de Xuño poderase realizar o abono para a temporada 15.16 nas oficinas do club Santiago Futsal en horario de mañá (10h-14h), tanto nos meses de Xullo e Agosto como durante toda a temporada. Así mismo, tamén se poderá realizar a inscripción de abono nas oficinas da Praza de Abastos ou mediante correo electrónico á dirección administración@santiagofutsal.com.











