Santiago Futsal e Inter Movistar chegan a un acordo e pechan a cesión de Pablo Mel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal e Inter Movistar chegaron a un acordo para pechar a cesión de Pablo Mel por unha temporada. O xogador madrileño chega ao Santiago Futsal tras rematar a pasada campaña formando parte da lista habitual do primeiro equipo de Inter Movistar, disputando 11 encontros e conseguindo 5 tantos ao longo da temporada.

O á madrileño, xogador do filial de Inter FS B, que debutou a temporada pasada co primeiro equipo interista, chega agora ao Santiago Futsal para crecer e dispoñer de máis minutos na Primeira División.

O técnico Santi Valladares dixo del “É un á dereito, con calidade no manexo do balón e bo finalizador. Incorporamos un xogador completo en todas as facetas do xogo, aínda que con moito marxe de mellora. Tras manter un par de conversas con el, transmite moita ilusión por vir a xogar aquí e para nós iso é fundamental.”

23 de xuño de 2015 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.