Santiago Futsal A Gaiola proclámase subcampión de Copa Concello de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Santiago Futsal A Gaiola

Santiago Futsal A Gaiola

O equipo feminino Santiago Futsal A Gaiola A medíase ao Don Frutos FS no encontro da final do Campionato de Copa Concello de Santiago.

Os primeiros dez minutos de encontro foron de dominio do Don Frutos, que conseguiu o gol  grazas a unha xogada desafortunada na que o balón toca nunha xogadora do conxunto branco para acabar dentro da portaría. A pesar de que Santiago Futsal A Gaiola fíxose co control do partido e dispuxo de varias ocasións para igualar o marcador en xogadas á contra, non houbo fortuna na finalización e o encontro acabou co solitario gol en propia porta que determinou o resultado.

Deste xeito, finaliza a competición para as mozas do Santiago Futsal A Gaiola A, que asinaron unha excelente tempada de gran rendemento e traballo, na que conseguiron o subcampionato ligueiro e o segundo posto no título de Copa.

Este fin de semana disputáronse os últimos encontros da tempada para as categorías inferiores do club. Mentres que o equipo benxamín Santiago Futsal IES Fontiñas A conseguiu o segundo posto do Campionato de Copa Concello de Santiago en devandita categoría, o conxunto alevín IES Fontiñas A obtivo o terceiro posto na liga regular de categoría alevín.

8 de xuño de 2015 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.