Santi renova co Santiago Futsal por unha tempada máis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Renovación de Santi Valladares

Renovación de Santi Valladares

Santi Valladares ampliou a súa vinculación co Santiago Futsal por unha tempada máis. Desta maneira, o xogador de Santiago, vivirá a súa undécima tempada no club do que leva formando parte desde categoría cadete e que aposta a súa continuidade a próxima tempada.

Santi, de 24 anos, mostrouse moi contento coa súa renovación xa que en todo momento tivo claro que quería continuar no Santiago Futsal “Cando tanto club como eu queremos o mesmo, é moi fácil e calquera negociación é sinxela. Estou na miña casa e que mellor que estar aquí facendo o que a un lle gusta que é xogar ao fútbol sala?”. 

O xogador tamén engadiu “Estou moi agradecido ao club e ao corpo técnico por contar comigo. Teño moitas ganas de seguir mellorando e aprendendo cos mellores.”

En canto á próxima tempada, Santi dixo “Preséntase unha tempada ilusionante para toda a familia do Santiago Futsal.”

2 de xuño de 2015 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.