Samuel Llorca desvincúlase do Celta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Real Club Celta e o futbolista Samuel Llorca chegaron hoxe a un acordo para a rescisión do contrato do xogador, quen xa se desvinculou da entidade céltica. O club quere expresar o seu agradecemento ao xogador pola súa profesionalidade, compañeirismo e o espírito de superación que sempre demostrou, calidades coas que se gañou o agarimo do vestiario e da entidade celeste. O RC Celta deséxalle o maior dos éxitos na súa nova etapa, tanto no profesional como no persoal.

Mensaxe de Samuel Llorca

“Quero dar as grazas a toda a xente que forma o club, aos meus compañeiros de vestiario e sobre todo á afección polo apoio que me transmitiron durante os meses que estiven lesionado. O club está a atravesar un gran momento e deséxolle o mellor. Grazas a todos e ala Celta”.

A reapertura da tenda do Celta atrásase ao 2 de xullo

A reapertura da tenda do Celta en Balaídos atrásase un día sobre o previsto, ata o xoves 2 de xullo. A venda das novas camisetas e doutros produtos da colección Adidas para a tempada 2015/2016 comezará este xoves tanto no establecemento do estadio como en www.tiendacelta.com  e na zona do Celta de El Corte Inglés de Vigo. O club pide desculpas polas molestias que poida orixinar este cambio.

Descontos do 70% no Corte Inglés

El Corte Inglés de Vigo segue ofrecendo aos afeccionados celestes un 70% de desconto nas pezas Adidas da pasada tempada. Os grandes almacéns permanecen abertos de luns a sábado en horario de 10:00 a 22:00h.

30 de xuño de 2015 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.