‘Salvemos a Fracha’ pide ao Ministerio de Fomento que non se precipite coa A-57
A plataforma ‘Salvemos a Fracha’ pide ao Ministerio de Fomento que non se precipite nos pasos que dá para seguir adiante co proxecto da autovía A-57, pois a Audiencia Nacional admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado contra esta infraestrutura e agora está a estudalo.
‘Salvemos a Fracha’ solicitou nos tribunais a suspensión cautelar das obras mentres se estuda o proxecto e no mes de maio a Sección 8 da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional púxose en contacto con Fomento para reclamarlle que manifeste a súa postura sobre esta medida cautelar.
A plataforma vecinal fai un chamamento á cautela do Ministerio de Fomento unha vez que tivo coñecemento a través do Portal de Contratacións do Estado de que se adxudica á empresa San José S.A. a construcción do primeiro tramo da autovía, que vai entre Vilaboa e A Ermida (Marcón), por un importe de 59,5 millóns de euros, un 32% que o orzamento base de licitación, que se situaba en 86 millóns.
Esta noticia causou malestar entre os veciños e afectados, pois despois de tantos anos de atraso que leva acumulada a obra non é entendible que Fomento teña agora tanta presa en adxudicar a obra e comezar os traballos da autovía A-57 cando está a ser estudada polos tribunais. Sería lamentable que acelerasen os trámites nestes momentos e realizasen actuacións que no futuro se vexan compremetidas por unha resolución xudicial.
Ademais, lembramos ao Ministerio de Fomento que nos parece un ‘despilfarro’ sen ningún tipo de xustificación nin fundamento invertir tantos fondos nunha autovía que non é necesaria para as comunicación de Pontevedra e o seu entorno, senón que é unha falsa circunvalación que se está a vender como tal para intentar conseguir un respaldo vecinal a un proxecto que non suporá beneficios para os pontevedreses.
‘Salvemos a Fracha’ segue a agardar unha reunión coa ministra de Fomento, Ana Pastor Julián, que xa lle pediu por escrito en reiteradas ocasións e á que aínda non tivo resposta a pesares de que o colectivo leva en loita contra a autovía A-57 dende abril do ano 2014 e presentou 20.000 sinaturas de cidadáns que piden sentido común antes de meterse nun proxecto faraónica coma este en época de recortes en servizos básicos.











