Rey Varela agradece a edís e personal da administración o traballo realizado durante estes catro anos
O alcalde de Ferrol en funcións, Jose Manuel Rey Varela, presidiu esta mañá o último Pleno do mandato en que se aprobaron as actas da sesión ordinaria do mes de maio e que serviu de despedida da actual corporación antes da toma de posesión dos concelleiros electos nas pasadas elección municipais que terá lugar este sábado 13 de xuño ás 12.00 horas. Neste sentido, Rey Varela tivo palabras de agradecemento para os 25 concelleiros, xa que “cos nosos acertos e os nosos erros, reflexamos a pluralidade dos ferroláns”; e recordou especialmente a aqueles edís que non estarán no seguinte mandato: “estou seguro que sempre levarán a Ferrol no seu corazón”.
O todavía rexedor municipal tamén se referiu aos funcionarios e a todo o persoal ao servizo da administración que “garantizan a continuidade do traballo público”. E, nesta liña, tamén agradeceu ás institucións e as entidades de Ferrol “a súa colaboración na tarefa de sumar nos proxectos que o Concello propuxo”. “Non hai maior satisfación que servir á túa cidade”, rematou Rey Varela, que trasladou os seus mellores desexos á vindeira Corporación Municipal “polo ben de Ferrol e dos ferroláns”.
Ao remate da sesión, se lle fixo entrega a cada concelleiro de dous libros: “Historia de Ferrol”, de José Montero Arostegui; e o poemario “Froitas do tempo”, con textos de Vicente Araguas, Manuel Patinha, Chema Paz Gago, Joao Rasteiro, Sabina Lembo e Pedro Antonio Pérez.











