Repárase a cuberta do CEIP Rosalía de Castro en Carril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres o proxecto de mantemento e reparación parcial da cuberta do CEIP Rosalía de Castro de Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. O mal estado de conservación dalgúns paneis de fibrocemento do teito está a ocasionar problemas de filtración de auga ó interior do recinto, que se queren solucionar con esta actuación.

Segundo os traballos aprobados polo organismo provincial, mellorarase parcialmente a cuberta do edificio para substituír as pranchas danadas do lousado sen modificar o volume e a estrutura do edificio.

A obra, cun orzamento de 91.918 euros, será financiada con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015.

12 de xuño de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.