Remata o prazo para anotarse na Romaría do San Antonio na Rigueira
A Romaría do San Antonio en A Rigueira vai celebrarse, como ven sendo tradicional dende tempos inmemoriais, o 13 de xuño. Pois ben, tódolos romeiros/as que queiran anotarse previamente para facer andando a romaxe ata o santuario, o poden facer ata mañá mércores 10 de xuño, dado que está aberto o prazo.
Para anotarse o poden facer no despacho da Concelleira de Servizos Sociais (xunto da propia concelleira ou de Lucía Meitín) ou ben na propia entrada do Concello, xunto de Milucho. Tamén se poden anotar chamando ao teléfono do Concello 982592001. As persoas que se anoten previamente, ousexa, ata mañá 10 de xuño, recibirán o Lirio de San Antonio.Ata o momento hai inscritas unhas 150 persoas para realizar a romaxe.
Lóxicamente, todos aqueles que non se inscribiran previamente, o poderán facer o mesmo día da romaxe nalgún dos distintos puntos de saída. O procedimento é o seguinte: no punto de saída cóllese e cúbrese un carné de romeiro, o cal será selado no punto final da romaxe, tendo dereito deste xeito a recibir a Ventura de San Antonio.