Regresa ao Pazo da Cultura o Proxecto Orquestral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Proxecto Orquestral do Conservatorio e a Escola de Música de Cangas volven a protagonizar o Proxecto Orquestral que actuará este venres, 26 de xuño, ás 21 horas no Pazo da Cultura. A entrada é de balde.

Despois de varios anos de traballo e un DVD (Proc 2014 en Concerto no Teatro Principal de Pontevedra) e catro CDs editados (Proxecto Orquestral, 2009; In Crescendo, 2010; Encores, 2013; Suite de Sons, 2014), o Proxecto Orquestral do Conservatorio e a Escola de Música de Cangas, volve a Pontevedra cunha formación renovada de sesenta rapazas e rapaces, todos eles alumnos, ex alumnos e mestres do Conservatorio Profesional de Música de Cangas e da Escola de Música “Mestre Inocentes Camaño”.

Baixo a dirección musical do mestre Alberto González Avilés, o Proc rematará en Pontevedra a xira 2015 cun novo repertorio, composto e arranxado para esta agrupación polo propio Alberto González Avilés.

23 de xuño de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.