publicidade hoxe

Redondela celebra este domingo a tradicional Festa da Muiñeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRedondela
A-
A+

A Concellaría de Cultura celebra este domingo, 21 de xuño, a partir das 11.00 h, a tradicional Festa da Muiñeira. Nesta festa de exaltación da muiñeira, a danza tradicional galega por excelencia, participarán preto de 100 persoas, entre bailadoras e músicos, correspondentes a 6 agrupacións de baile redondelás e ao grupo de gaitas Froles Mareliñas de Chapela.

A celebración comezará ás 11.00 h cunha alborada a cargo do grupo de gaitas Froles Mareliñas polas rúas da vila, e a continuación haberá un desfile dos grupos participantes: Airiños de San Simón (Cesantes), Fonte d’Ouro (Chapela), Froles Mareliñas (Chapela), O Carballo das cen pólas (Reboreda), Anaquiños (Chapela) e Baile galego de Saxamonde.

O percorrido do desfile farase dende o paseo da Xunqueira, cara á praza da II República, praza de Ribadavia, rúa Alfonso XII, rúa Ribeira, volta na rotonda e regreso pola mesma rúa ata a praza do Concello. A partir das 12.00 h os grupos rematarán o desfile e colocaranse en diferentes lugares da alameda para executar tres danzas: unha muiñeira, unha xota e unha ribeirana.

19 de xuño de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.