Recepción no Consistorio de todos os voluntarios que colaboraron na elaboración das alfombras do Corpus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Recepción aos voluntarios

Recepción aos voluntarios

Onte, ás 19h, no Salón de Plenos do Concello de Tui, fíxose un recibimento a todos os voluntarios que colaboraron na elaboración das alfombras do Corpus. Estiveron presentes neste recibimento o alcalde en funcións do Concello de Tui, Moisés Rodríguez e a concelleira en funcións de servizos sociais, Olga Montes. Deste xeito, máis dunha trintena de voluntarios foron homenaxeados polo seu traballo por parte da corporación municipal tudense.

Moisés Rodríguez quixo destacar o labor dos voluntarios, xa que non é fácil nestes tempos dedicar o tempo aos demais. Grazas á confección destes tapetes púidose recuperar unha tradición de hai anos. Tamén agradeceu o alcalde en funcións de Tui a fidelidade dos voluntarios, xa que moitos deles colaboran, dende hai cinco, na elaboración das alfombras florais. 

Pola súa banda, Olga Montes tamén recoñeceu o traballo dos voluntarios e agarda que a tradición perdure. Finalmente, quixo recordar a Dori e á súa familia, xa que foi pioneira na recuperación desta tradición.

Deseguida, todos os voluntarios recibiron un álbum de fotos que ilustra o proceso creativo de elaboración dos tapetes e unha figura de cerámica artesá. Asemade, Olga Montes foi agasallada cunha figura da Catedral polo seu labor e dedicación.

 

11 de xuño de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.