publicidade hoxe

Recepción aos alumnos de “matrícula” no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Recepción aos estudantes

Recepción aos estudantes

O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, xunto ca edil de Educación Pilar Caride e os directores dos dous institutos da vila do Arenteiro, recibiron hoxe no salón de plenos os catro alumnos do Carballiño que remataron su etapa de estudiantes cunha nota media de Matricula de Honra. Nomemí García Penedo, do IES Chamoso Lamas, e Nerea Darriba Ogando, Estefaníia Rodríguez Muiña, Davíd González Fernandez, do Número Un, recibieron como agasallo polo seu esforzo durante todos estes anos un pendrive personalizado, encargado pola área municipal de Educación.

Argimiro Marnotes felicito a los 4 alumnos, e les animó para el útimo esforzo, o selectivo, e sobre todo “para que sempre lembredes O Carballiño ala onde os leve o voso esforzo”.

Pola súa parte os dous directores mostraon a sùa satisfacción polo éxito acadado por estes catro alumnos, que son mostra do bo nivel do ensino público na vila carballiñesa.

Tras este acto o alcalde e a edil Pilar Caride aproveitaron para facer entrega dos diplomas acreditativos os xóvenes que participaron no proxecto de voluntariado municipal, desenrolado o pasado ano 2014. Andrés Manuel Rodríguez Meijomil, Nieves Nóvoa Álvarez, Grecia Fonseca Hernández, Rita Rodríguez Romero, Luis Manuel Almonte López, Ana Fernández Justo, Lucía España Fariñas e Miriam Fernández Rodríguez, foron os xóvenes que durante o pasado verao desenrolaron o citado proxecto, en accións sobre toodo relacioadas co  de turismo.  

5 de xuño de 2015 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.