publicidade hoxe

Recádanse 10.500 euros na Gala Benéfica a favor de Desirée Vila Bargiela celebrada en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Gala Benéfica

Gala Benéfica

A Agrupación Musical de Vinciosorganizou o sábado día 13, no parque do Centro Neural, unha Gala Benéfica co fin de recadar fondos para DesiréeVila Bargiela. O obxectivodesta campaña de recadación de fondos é para que, Desirée poida levar unhavida normal, adaptando a súavivenda e unhaprótese, valorada en 70.000 € que non cobre o seguro.

Esta gala, contou coa colaboracíon de 15 grupos musicais:Coral Santa Eulalia de Donas, Coral Polifónica A Mercé de Chaín, Coro da agrupación Musical de Vincios, Coro Tradicional: Cantares de Brión, Cantos Populares de Peitieiros, Grupo de Gaitas “Balcón do Val Miñor” de Morgadans, Pandereteiras “Airiños do Sobreiro” de Borreiros, Grupo de Gaitas “Novos Aires” de Couso, Banda de Música “Agrupación Musical de Vincios”, Grupo de Zumba do Centro Cultural de Vincios, Asociación de “Danza Paradela” de Gondomar, “Dania D `Alfonso” Soprano e Dúo Ameva. Houbo gran variedade musical dende o máis clásico ata o mais moderno.

A sorpresa final foi o que máisllegustou a Desirée Vila Bargielaxa que os seus amigos Lia, Alexis e Claudia bailaron, tocaron e cantaron entregándolleunha tarta sorpresa, con motivo do seucumpreanos.

Este encontro, contou coa colaboracióndo concello de Gondomar, coa carpa, escenario, son e cartelería. O Instituto Terra Turonio e Auga da Laxe organizaron un rastrillo no que os asistentes puderon comprar produtos de segunda man. Ademáiscontouse coa venda de rifas, comida ebebida. Cabe destacar a doazón por parte dos establecementos do Val Miñor, de diferentes produtos como cestas e ceas.

A Agrupación Musical de Vincios agradece a implicación de todos os que dunha forma ououtraaxudaronnesta causa,facendo que con este acto se puidesen superar as expectativas de recadación e chegando a recadar sobre 10.500 €, que sen o apoiode todos os presentes non sería posible.

15 de xuño de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.