Rafita Nova incorpórase ao Alondras Club de Fútbol
O Alondras CF continúa confeccionando a súa plantilla de cara á nova tempada e nas últimas horas pechouse a chegada do xogador ecuatoriano,Rafael Ugarte, Rafita.
O extremo esquerdo é un xogador do gusto de Jacobo Montes. Contaba con outras ofertas, sen embargo ilusionoulle máis o proxecto alondrista e decantouse pola proposta realizada dende a entidade canguesa con quen asina por un ano.
Rafita militou nas filas do Barbadás as últimas tres tempadas. No último curso xogou 26 encontros, dos cales foi titular en 21 deles e anotou 3 dianas co equipo ourensán. Antes xogou en outros equipos da terceira galega como Ordes, Racing Vilalbés e Ourense, equipo ao que chegou tras o seu paso pola 2ªB co Águilas CF de Murcia na tempada 2007/08.
A chegada de Rafita supón un importante reforzo no traballo colectivo do equipo de Jacobo Montes.











