Rafa Luz convocado coa selección brasileira nos Xogos Panamericanos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O xogador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Rafa Luz, foi convocado co combinado nacional absoluto brasileiro para os Xogos Panamericanos, que se disputarán en Toronto entre os días 21 e 27 de xullo. Será a primeira ocasión na que Luz dispute esta competición, preámbulo da Copa América que se disputará en Monterrey no mes de setembro. Aínda que o xogador xa é un habitual da canarinha, coa que disputou o pasado verán o Torneo Suramericano, logrando o bronce. “É un pracer para min volver representar ao meu país xunto aos meus compañeiros, e máis nunha competición tan importante como esta. O seleccionador Rubén Magnano considera que fixen unha boa tempada e volve confiar en min”, afirmou a base. 

1 de xuño de 2015 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.