Protección Civil e Policía Local de Cambre imparten unha xornada de Seguridade Viaria nos colexios

Xornada de seguridade viaria
Máis de 200 escolares cambreses participarán estes días nunhas xornadas de educación viaria que imparte Protección Civil e Policía Local. En concreto, os alumnos de 3º da ESO do CEIP Wenceslao Fernández Flórez e do CEIP Emilio González López recibirán unhas clases teóricas sobre a sinalización viaria e as pautas a seguir como peóns, ciclistas ou condutores.
O obxectivo desta iniciativa, que puxo en marcha o concello, é concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de seguir as normas de circulación e os perigos que entrañan as estradas tanto para os condutores e, sobre todo, para peóns e cicloturistas. Para levar a cabo a iniciativa instalouse no polideportivo de Cambre un circuíto viario cargado de sinais de circulación, carrís e semáforos luminosos que serve de banco de probas para pór en práctica a teoría impartida nas aulas. Os alumnos conducen cuadriciclos polos viarios e os seus compañeiros circulan polos lugares habilitados respectando os sinais baixo a atenta mirada dos responsables de Policía Local e Protección Civil, que observan o desenvolvemento do tráfico para corrixir condutas perigosas.











