Protección Civil de Santiago rescataron unha gaivota en San Martiño Pinario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Voluntario coa gaivota rescatada

Voluntario coa gaivota rescatada

Voluntarios de Protección Civil de Santiago rescataron unha gaivota que estaba atrapada no interior da Hospedería San Martiño Pinario. A ave foi depositada nas oficinas de Medio Ambiente en Meixonfrío e dende alí levarase ao Centro de Recuperación de Aves de Oleiros.

Noite de San Xoán

Por outra parte, está previsto que ata oito efectivos de Protección Civil colaboren nesta noite de San Xoán na boa marcha das diferentes cacharelas e sardiñadas previstas en barrios de parroquias, colaborando no dispositivo de seguridade coa Policía Local e os Bombeiros.

23 de xuño de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.