publicidade hoxe

Programación cultural e deportiva para o verán no Concello de Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

Como cada ano, o Concello de Muxía artellou para este verán un completo programa de actividades nos que se incide especialmente en atender as diversas demandas que hai, dende as do público infantil ,ata as rutas , actuacións escénicas, festas etc…

En deportes haberá un curso de natación en augas abertas para nenos e nenas con 5 anos cumpridos (o prazo de inscrición remata o 30 de xuño), viaxe ao Aquapark de Cerceda, Curso de Deportes de Aventura , Curso de bodiboard , Curso de vela e kaiak, Liga de tenis de mesa (estas catro actividades para rapaces/as con 8 anos cumpridos), o II Campus de fútbol Sala de verán para rapaces e rapazas de 6 a 13 anos, a VI Liga de Fútbol sala de verán que organiza a Asociación Comarea, e as Ligas 3×3. Para inscribirse en todas elas e obter máis información, hai que dirixirse ao Concello. Ademais o ximnasio municipal manterase aberto en xullo os luns, mércores e venres das 10:00 ás 13:30 horas, e en agosto do 10 ao 28 , das 10:00 ás 13:30 horas.

Canto a obradoiros para nenos e nenas comezará a tempada co “Petit Chef”, un obradoiro de cociña para nenos e nenas de 5 a 12 anos. Haberá tamén, como en anos anteriores o Campamento de verán “Mimadriña querida” dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, e unha Semana do Medioambiente con actividades de reciclaxe .E a xornada “Ponlle as pilas ao teu bocata “ que terá lugar o 10 de xullo. Para todos eles hai que inscribirse previamente nas oficinas municipais.

Tamén haberá roteiros culturais, unha actividade que sempre ten moito éxito. Este verán levaranse a cabo o Roteiro Muxía-Os Muíños (18 de xullo), o Roteiro xacobeo de Vaosilveiro a Muxía (14 de agosto ) e o Roteiro xacobeo Trasufre- Muxía. (28 de agosto) .Para participar é necesario inscribirse previamente nas Oficinas Municipais

Ademais de todas estas actividades haberá actuacións culturais como son o Espectáculo de baile e música tradicional “Abaladeiras” ( organizado polas Abaladeiras) o 4 de xullo, no Cabo da Vila ; o Acto de Entrega do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente,(11 de xullo) que organiza a Fundación López Abente, e no que haberá unha conferencia de Xosé Luís Vilela,a actuación das Abaladeiras e Coral de Muxía, a presentación da obra gañadora na anterior edición e a entrega do galardón de este ano a Emma Pedreira.

E tamén no ámbito cultural, haberá actuacións como as de Don Gelati (Mago Dani).Para que será o 17 de xullo, no Cabo da Vila, ás 20:00 h., o Coro e danzas tradicionais de Costa de Marfil (organiza a Asociación Saint Luc de Banabakintú) e que será o 25 de xullo no Paseo Marítimo, ás 21:00 h ou “A caixiña máxica”de Fanfarra Títeres (infantil)que será o 29 de agosto, no Cabo da Vila, ás 20:00 h.

E como unha das citas máis esperadas do verán chegará este ano o IX Mercado das Rutas do Mar, os días 8 e 9 de agosto, cos tradicionais postos de artesanía , gastronomía, a música tradicional e teatro de rúa. É esta unha festa xa consolidada e que medra en participación de ano en ano

Canto a mostras, durante todo o verán poderá ser visitada unha mostra de artesanía e pintura local.

E xa como remate do verán e antesala do que será a Romaría da Barca, o Concello prepara, como cada ano, a Semana cultural da Barca, que terá as seguintes actuacións:

– 2 de setembro. Obradoiro de lectura na Biblioteca Municipal para nenos e nenas de primaria.( De 18:00 a 19:30 horas)
– 3 de setembro. Mago Paco con “A maleta viaxeira” , para tódolos públicos. Na Biblioteca Municipal. Ás 18:00 h.
– 4 de setembro. “Contos ao revés”, con Xanela Ocio. Ás 18:00 h. Na Biblioteca Municipal.
– 4 de setembro. Escola de Teatro de Muxía con “O velorio de Antón Carballo”,ás 21:00 h , no Salón de Actos
– 5 de setembro. Cea medieval con recreación histórica, en Moraime. Ás 22:00 horas.
– 6 de setembro. Escola de Teatro de Muxía ,ás 21:00 h , no Salón de Actos

26 de xuño de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.