publicidade hoxe

Preséntase en Maceda o libro ‘Sultán non ten microchip’ para concienciar no respecto polos animais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMaceda
A-
A+
Presentación de "Sultán non ten microchip"

Presentación de “Sultán non ten microchip”

A conselleira de Medio Ambiente, territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, presentou esta mañá o libro Sultán non ten microchip, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia quere concienciar aos máis novos no coidado e respecto polos animais domésticos. A conselleira visitou esta mañá o CEIP de Maceda, onde repartiu exemplares deste título entre os cativos, de xeito que da man dos Bolechas se sensibilicen da importancia que ten o microchip para evitar a perda e o abandono.

A responsable de Medio Ambiente salientou que se trata dunha mensaxe que se quere transmitir aos máis cativos, sobre todo porque está a piques de iniciarse a tempada estival, un período no que se rexistra un maior número de extravíos e abandono de mascotas.

Apunto que un xeito de calar esta mensaxe é trasladándoa dun xeito divertido e ameno, e a través de personaxes que son moi próximos aos máis pequenos, como son membros da familia dos Bolechas. Desta historia sobre o respecto doméstico e o coidado dos animais repartiranse un total de 7.000 exemplares.

Por último, Vázquez Mourelle destacou que se trata dunha iniciativa que se enmarca nas campañas e actividades de divulgación que se teñen posto en marcha desde a Consellería de Medio Ambiente, co obxectivo de afianzar os valores de respecto polos animais nas xeracións futuras, concienciando aos máis novos sobre a necesidade dunha tenza responsable que evite casos de abandono ou maltrato animal.

17 de xuño de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.