Povisa comeza a súa reforma arquitectónica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Povisa acaba de iniciar unha serie de reformas arquitectónicas que cambiarán substancialmente o seu aspecto exterior e boa parte das súas instalacións. No interior, está a remodelarse a quinta planta, onde a eliminación de espazos non funcionais permitirá ampliar a capacidade de hospitalización en 22 habitacións. As habitacións e os baños terán máis espazo que os actuais e estarán adaptados para persoas con discapacidade. Reformarase tamén a área do neno, para recentemente nados, onde se incrementará a capacidade e a seguridade. En conxunto, os usuarios experimentarán moito máis confort e nos dous extremos desa planta (esquinas ás rúas Zaragoza e Barcelona) habilitaranse dúas modernas salas de espera que teñen a particularidade de ofrecer espléndidas vistas da ría de Vigo. Xusto debaixo, na 4ª planta, están a construírse tamén dúas novas salas de espera similares.

A reforma afecta ademais á planta baixa, na zona lindante coa rúa Zaragoza, onde se está construíndo un novo hospital de día dedicado especificamente a pacientes oncolóxicos e que terá capacidade para 20 novos postos de atención fármaco-oncolóxica. O novo hospital de día incrementará o espazo e o confort dos pacientes, e unha vez que se puxo en marcha, o actual destinarase a incrementar a capacidade e resolución do servizo de endoscopias.

Os cambios máis rechamantes produciranse, no entanto, no exterior, onde a fisionomía do edificio experimentará un importante cambio. Eliminaranse os saíntes da planta baixa da fachada da rúa Zaragoza, que serán substituídos por unha fachada recta e recuberta de mármore negro. Nunha segunda fase de reformas procederase a revestir tamén con mármore negro a entrada principal do hospital e a fachada da rúa Barcelona. Ademais, as obras na quinta planta aproveitaranse para proceder á limpeza e remocicado da fachada lateral da rúa Barcelona, o que contribuirán a reforzar o cambio no aspecto exterior do edificio.

Os traballos de reforma xeraron emprego para 70 persoas, e espérase que terminen a principios do mes de outubro.

10 de xuño de 2015 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.