Ponteareas iza a bandeira do Orgullo Gay na Casa do Concello
A bandeira do Orgullo Gay ondeará na Casa do Concello de Ponteareas a partir das 12:00 horas do próximo domingo 28 de xuño, con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTB (Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais).
O izado da bandeira do arco iris durante toda a xornada dominical pretende mostrar o apoio deste goberno municipal, a través da concellería de Igualdade que xestiona Verónica Carrera, aos postulados que defende este movemento e, asemade, amosar un firme compromiso coa igualdade e un total respecto por todas as opcións sexuais.











