Plataforma online da Campaña de Abonados do Celta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A Campaña de Abonados continúa adiante, ofrecendo vantaxes especiais para todos os celtistas que tramiten o seu carné ata o próximo 30 de xuño. De luns a venres o carné pode xestionarse nos reformados despachos de billetes de Balaídos, en horario ininterrompido de 09:00h a 20:00h, pero a chegada do fin de semana non é escusa para non abonarse.

Unha tempada máis o club pon a disposición dos afeccionados a web www.celtavigo.org/abonosCelta, unha plataforma dixital operativa as 24 horas do día a través da que é posible realizar a renovación ou alta do abono da maneira máis cómoda, sen necesidade de ter que desprazarse ata o estadio.

O RC Celta anima a todos os seus abonados e afeccionados a tramitar o seu carné canto antes para aproveitar as vantaxes especiais: un desconto do 5% sobre o prezo final nas renovacións, acumulable aos que se ofrecen a accionistas e familiar ata un máximo do 15 por cento, e a exención de pagar suplementos nos partidos designados como “Días do Club” tanto para renovacións como novas altas.

O celtismo afronta unha nova tempada cargada de alicientes, a dos 50 anos en Primeira División, e que xa deixou os seus primeiros momentos inesquecibles como o regreso do canteirán Iago Aspas. A comuñón entre afección, equipo e club, clave nos logros do celtismo durante as últimas campañas, volverá ser indispensable para seguir crecendo e avanzando cara a un futuro ilusionante: #CrecemosXuntos

20 de xuño de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.