Peche de tempada da sección femenina Santiago Futsal A Gaiola
Continuando coas actividades de fin de tempada que está a realizar a sección feminina do Santiago Futsal, onte pola tarde recibiron a visita de tres referentes do deporte santiagués, acompañados pola concelleira de deportes, Noa Morales e a presentadora da TVG Carmen Chao. Pedro Nimo, Vero Boquete e Manuel Castiñeiras compartiron as súas experiencias profesionais coas rapazas, ás que tamén alentaron de cara a vindeira temporada.











