Pazo de Anzuxao acolle unha experiencia gastronómica para turistas australianos

Visita australiana
Un grupo de viaxeiros australianos elixiron os queixos Pazo de Anzuxao como produto gastronómico galego destacado dentro da viaxe gastronómica-cultural que realizan estes días pola Comunidade galega. Os viaxeiros percorren o norte de España para coñecer os seus recursos culturais e parte do Camiño de Santiago, así como a gastronomía máis importante de cada territorio que visitan.
Desta forma, hoxe os visitantes australianos puideron coñecer os produtos Pazo de Anzuxao, nunha degustación na que tamén participaron o vermú St Petroni, os embutidos Secreto Galaico, a empanada de Castañán e os viños de Moraima, todos produtos 100% galegos e case todos baixo a marca Galicia Calidade.
Ademais, na propia sede desta queixería de Lalín, os visitantes tiveron a oportunidade de coñecer a arquitectura e os usos tradicionais dun pazo do século XVIII que representa un exemplo da arquitectura civil da época na comarca do Deza e cuxa función era a explotación agrícola. Este coidado conxunto arquitectónico que conta con capela, solana, cheminea e pombal dálle nome propio aos seus produtos.Os turistas australianos que visitaron as instalacións de Pazo de Anzuxao puideron ver na súa visita a elaboración, de maneira completamente artesanal, dos queixos Anzuxao.
A viaxe está organizado pola axencia UTRACS, de Sydney, e no seu periplo por España tamén visitaron Bilbao, Navarra, A Rioxa, Castela e León, Asturias e Galicia, onde coñecerán tamén restaurantes, mercados, así como diversos tramos dos camiños Francés, Primitivo, do Norte, do Sueste e de Inverno.
Lácteos Anzuxao
A parroquia de Madriñán, en Lalín, acolle a Fábrica de Queixos de Pazo de Anzuxao, unha empresa que soubo axuntar a tradición galega no mercado gastronómico actual da nosa comunidade. Lácteos Anzuxao enmárcase nun ámbito ligado á tradición á hora de elaborar queixos, pois emprega en menor medida a tecnoloxía para conservar o sabor tradicional do queixo.
Pazo de Anzuxao iniciou a súa singradura como fábrica de queixos artesanais nos anos setenta por iniciativa da súa fundadora Josefina Menéndez, unha muller emprendedora que sempre mantivo desde os seus inicios que os seus produtos virarían ao redor dos conceptos de calidade e tradición.
Esta implicación e compromiso encamiñou á empresa por un carreiro de recoñecemento na zona de Lalín como un exemplo de produto artesanal exquisito.
A fábrica de queixos de Pazo Anzuxao é unha referencia nos queixos galegos elaborando as modalidades de Teto, Arzúa-Ulloa, Semi-Curado, Semi-Graso, Curado e Requesón. Produtos cuxas calidades foron recoñecidas con diferentes premios ao longo destes dez últimos anos.O seu queixo de Teto é recoñecido actualmente coa Distinción de Ouro a mellor Teto na categoría D.O.P.











