Pape Cheikh preparará coa Sub-19 o Campionato de Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O seleccionador nacional da Selección Española Sub-19, Luís de la Fuente, anunciou esta mañá a lista de futbolistas citados para a preparación do Europeo que se disputará en Grecia o próximo mes de xullo. O canteirán celeste Pape Cheikh, cada vez con máis protagonismo no combinado español, é un dos xogadores incluídos nesta convocatoria da que sairán os 18 elixidos para disputar a Fase Final do torneo no país heleno.

A progresión de Pape e outros canteiráns célticos nas seleccións nacionais referenda o labor de canteira do RC Celta e da Fundación Celta, unha aposta polo fútbol base que continúa dando os seus froitos e que conta co apoio crave e imprescindible da afección celtista: #XuntosCrecemos

16 de xuño de 2015 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.