Pablo Tallón amplía o seu contrato co Santiago Futsal

Renovación Pablo Tallón
O canteirán do Santiago Futsal, Pablo Tallón ampliou a súa vinculación co Santiago Futsal por un ano e seguirá sendo xogador do conxunto branco a próxima tempada. Pablo, que leva formando parte do Santiago Futsal desde categoría infantil, asinará a súa undécima tempada no club, seguindo baixo as ordes de Santi Valladares no primeiro equipo.
O xogador santiagués de 23 anos completou unha excelente tempada con 9 tantos no seu marcador persoal, sendo un dos máximos goleadores do equipo. Tras a súa renovación, Pablo Tallón declarou “Estou agradecido ao club porque conten comigo a próxima tempada. Esta é a miña casa, onde podo seguir medrando como xogador, gozar do que me gusta e poder compaxinar todo iso cos meus estudos.”











